UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA PARA O #PLENOMARZO DESTE XOVES 13M

"A Coruña Pública", o valioso proxecto de cartografía dos bens públicos da cidade, merece o apoio do Concello

Avia Veira e Ignacio Siota, encontro con Ergosfera, para este colectivo nos presentar "A Coruña Pública", o seu proxecto de cartografía dos bens públicos existentes na nosa cidade.
Avia Veira e Ignacio Siota, durante o encontro con Ergosfera, para este colectivo nos presentar "A Coruña Pública", o seu proxecto de cartografía dos bens públicos existentes na nosa cidade.
“A Coruña Pública” é un ambicioso proxecto de cartografía dos bens públicos existentes na nosa cidade, realizado polo grupo Ergosfera e por profesores dos departamentos de Xeografía da USC.
"A Coruña Pública", o valioso proxecto de cartografía dos bens públicos da cidade, merece o apoio do Concello

O proxecto, elaborado xa na súa primeira fase, ten como obxectivo realizar unha cartografía o máis precisa posíbel do patrimonio público no termo municipal coruñés, para o cal identifica todos os terreos e edificacións de titularidade pública e localiza aqueles bens patrimoniais que se achan actualmente en desuso.

Para o BNG, estaríamos ante un proxecto moi valioso para, con coñecemento de causa, o Concello tomar decisións sobre o patrimonio público.

É por iso que a concelleira Avia Veira vai levar ao Pleno do vindeiro xoves unha moción por medio da cal insta o Goberno Local a que preste apoio a este proxecto para que poda desenvolver plenamente a súa segunda fase, de modo a mellorar o visor cartográfico dixital, ben como tamén actualizar os procesos de transformación urbana en curso -desde a reforma da Vedra até o proxecto de interese autonómico “Monte Mero” pasando polos desenvolvementos en San Pedro de Visma, ou a API-R29 Bergondo-C. Eirís-Oleoduto”.

A xuízo de Veira, este proxecto constitúe unha ferramenta moi útil para a defensa daqueles bens que lle pertencen á veciñanza coruñesa: “Só a través do coñecemento sobre o que é ou non público podemos protexernos de tentativas de privatización ou usos afastados do ben común e que as coruñesas e coruñeses teñamos un maior grao de sentimento de propiedade común de determinados bens”, anota.

Coa moción, o BNG insta o Goberno Local a que procure unha fórmula para lle procurar financiamento a este grupo de investigadores para completar o seu proxecto, mediando tamén para conseguir o respaldo doutras administracións públicas.

O proxecto  foi desenvolvido entre febreiro de 2024 e xaneiro de 2025 por Iago Carro Patiño (Ergosfera), Ramón Fernández Sánchez (Ergostera/Hábitat Social), Cristina Botana Iglesias (Departamento de Xeografía e Brais Estévez Vilariño (Departamento de Xeografía, USC), sendo financiado pola 2ª Convocatoria de Proxectos de Investigación do "Programa de Impulso á Investigación Universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común" (2024) organizada pola rede Artigo9TechEnxeñería Sen Fronteiras e Arquitectura Sen Fronteiras.

 

 

 

 

"A Coruña Pública", o valioso proxecto de cartografía dos bens públicos da cidade, merece o apoio do Concello