Mercedes Queixas
Novas
IMG-20201218-WA0004

BNG e mariscadoras envían nova información á UE sobre o retraso inxustificado no saneamento da Ría

O BNG e a Confraría de Pescadores da Coruña, na que se integran as agrupación de mariscadoras e mariscadores, trasladaron á Comisión Europea os novos retrasos sobre o saneamento integral da Ría do Burgo, xa que o proxecto de rexeneración deste espazo aínda non está publicado no BOE. Esta información incorpórase á denuncia aberta na Comisión de Peticións presentada pola Confraría da Coruña en 2012 e despois de que unha misión de investigación integrada por eurodeputadas e eurodeputados viaxou á Ría do Burgo para coñecer in situ o grao de contaminación existente e a cantidade de lodos acumulados durante anos.
Ler novas
Novas
Mellor Local, Mellor Galego

O BNG presenta a campaña "Mellor Local, Mellor Galego"

Unha tenda da rúa do Orzán, o Montegrappa Bazar, brindouse este xoves para acoller a apresentación da campaña do BNG “Mellor Local, Mellor Galego”, un conxunto de accións que desenvolve a formación nacionalista en apoio ao comercio de proximidade.
Ler novas
Novas
Reunión na Confraría

O PP só aceptaba que a Xunta puxese 10% das axudas ás mariscadoras durante a dragaxe da Ría do Burgo

Os votos do PP serviron para que a Comisión de Pesca do Parlamento da Galiza rexeitase hoxe unha iniciativa do BNG a través da cal a formación nacionalista demandaba que a Xunta compensase economicamente o colectivo de mariscadoras e mariscadores durante o tempo en que se realizará a dragaxe da Ría do Burgo e en que, consecuentemente, non poderán desempeñar a súa actividade profesional.
Ler novas
Novas
Mercedes Queixas na Marcha Cívica Casa Cornide. 7 de novembro de 2020.

En plena pandemia, os orzamentos da Xunta continúan a virarlle as costas á cidade

Nunha primeira avaliación de urxencia dos orzamentos da Xunta para 2021 en relación á nosa cidade e comarca, que obviamente completaremos cunha lectura máis demorada do proxecto, o Bloque Nacionalista Galego entende que as contas da Administración galega son francamente insuficientes e non están á altura do desafío que supón a pandemia en termos quer sanitarios quer sociais quer económicos.
Ler novas