Mercedes Queixas
Novas
Mercedes Queixas e David Soto, presentación campaña Mellor Local, Mellor gALEGO.

Presentamos na Coruña "Mellor Local, Mellor Galego" e anunciamos unha nova lei que aposta polo pequeno comercio

O pequeno e mediano comercio vertebra a cidade, anima a vida dos barrios, aumenta a sensación de seguridade e cría lazos comunitarios. É por iso que o BNG o defende, como se puxo de manifesto este martes durante a presentación da campaña Mellor Local, Mellor Galego. Aposta polo Noso feita nun local dos Mallos, La Revolución de los Graneles, por parte da nosa parlamentar Mercedes Queixas e do noso responsábel local David Soto.
Ler novas
Novas
Ana Pontón comité de empresa de Alu Ibérica 2

Só un plan industrial participado pola Xunta e o Estado pode salvar Alu Ibérica

A situación da planta coruñesa de Alu Ibérica é moi delicada após o administrador xudicial ter solicitado na Audiencia o preconcurso de acredores, ben como a autorización para negociar un ERTE para todo o cadro de persoal. Tan delicada é que no horizonte estaría o fechamento definitivo da fábrica e, por tanto, a perda de 300 empregos industriais na comarca da Coruña.
Ler novas
Novas
20211021_124820

"A Coruña non está no mapa de prioridades da Xunta"

Nunha primeira avaliación de urxencia do contido dos orzamentos da Xunta para 2022 en relación á cidade da Coruña, e a expensas dunha análise máis polo miúdo, a deputada do BNG Mercedes Queixas considera que “A Coruña non está no mapa de prioridades” do Goberno Galego.
Ler novas
Novas
Furgoneta no garaxe da Casa Cornide

O BNG leva ao Parlamento a apertura ao público da Casa Cornide

A deputada do BNG Mercedes Queixas rexistrou unha batería de preguntas no Parlamento galego por medio das cales se interesa por saber como e cando a Xunta vai garantir a inmediata apertura ao público da Casa Cornide após a publicación no DOG, en maio pasado, da incoación do procedemento de declaración do palacete como Ben de Interese Cultural.
Ler novas