Mercedes Queixas
Novas
ANPA

"Os guindastres continúan a funcionar mentres as nenas e os nenos xogan no patio"

Avia Veira e Mercedes Queixas –concelleira e deputada do BNG, respectivamente- mantiveron esta mañá un encontro con nais da ANPA Monte do Muíño de Novo Mesoiro. Na reunión, que se prolongou por espazo de hora e media, tomaron nota das múltiples deficiencias que presenta este centro e comprometéronse a levalas en forma de iniciativas ao Concello e ao Parlamento galego.
Ler novas
Novas
Primeiro plano das persoas que accederon ao balcón da Casa Cornide

Batería de iniciativas no Parlamento galego para a Xunta declarar a Casa Cornide como BIC canto antes

Unha proposición non de lei para o seu debate en Pleno e Comisión, unha pregunta oral e outra por escrito. Tal é a batería de iniciativas que en relación á Casa Cornide, un ben patrimonial do pobo coruñés espoliado polo franquismo durante a ditadura, acaba de rexistrar no Parlamento galego a deputada do BNG e representante da cidade e a comarca no Pazo do Hórreo, Mercedes Queixas. O propósito básico, instar a Xunta de Galiza a que no mais breve prazo de tempo posíbel declare a Casa Cornide como Ben de Interese Cultural (BIC).
Ler novas
Novas
Noite electoral. Eleccións galegas 12 de xullo de 2020.

Un resultado histórico no país, na cidade e na comarca

Histórico. É o adxectivo que mellor lle acae ao resultado alcanzado polo BNG nas eleccións galegas deste 12X, quer no país quer na cidade quer na comarca. Así como tal o viviron os centos de militantes e simpatizantes nacionalistas que se deron cita na Praza da Fariña para faceren o seguimento da noite electoral.

Ler novas
Novas
mitin BNG

"É fácil resumir o legado de Feijóo na Coruña: cero prazas en residencias públicas, cero vivendas protexidas construídas"

A Coruña non se pode permitir o luxo de ter 4 anos máis no goberno galego a Alberto Núñez Feijóo, dixo esta tarde Mercedes Queixas, número 3 da candidatura do BNG pola Coruña ao Parlamento galego. "Nos últimos 11 anos a Xunta sinxelamente non existiu na Coruña. Cero prazas nas residencias públicas, cero vivendas protexidas, infradotación de recursos humanos e materiais nos centros de saúde. Ese é o legado que nos deixa Feijóo na nosa cidade", engadiu durante o mitin que o BNG ofreceu na Agra do Orzán, na rúa Barcelona, ao pé do Mercado das Conchiñas.

Ler novas