DA AUTORÍA DE MERCEDES QUEIXAS

Unha batería de iniciativas para o CEIP Sagrada Familia ter unha docente especialista en Educación Musical

Jorquera na mobilización da comunidade educativa do Sagrada Familia en demanda dun profesor de música.
Jorquera, nunha mobilización da comunidade educativa do Sagrada Familia
A deputada do BNG Mercedes Queixas rexistrou unha batería de iniciativas –proposición non de lei e preguntas orais- no Parlamento galego por medio das cales insta a Xunta a que cubra o catálogo de docentes no CEIP Sagrada Familia e, en concreto, nomee unha especialista en Educación Musical a tempo completo.
Unha batería de iniciativas para o CEIP Sagrada Familia ter unha docente especialista en Educación Musical

De acordo co catálogo de postos de traballo publicado no DOG a 6 de agosto de 2021, o CEIP Sagrada Familia debería contar con dúas prazas de profesorado especialista en música para o curso 2020-2021. Mais iso non está a ser así e neste momento só se se cubriu unha desas dúas prazas, denuncia Mercedes Queixas.

Dáse a circunstancia de que o único docente con esa especialidade en todo o CEIP Sagrada Familia ostenta a responsabilidade da dirección do centro, “o que está a imposibilitar o desenvolvemento do horario completo que lle corresponde ás súas funcións directivas”, remarca Queixas.

O despropósito complétase co feito de que a Consellaría de Educación acaba de lle asignar funcións como docente de Educación Musical en primaria a unha persoa que non ten formación específica nesa materia e que, en troca, é especialista en Lingua Estranxeira (Inglés). Para máis inri, “non ten dedicación completa no CEIP Sagrada Familia, senón que ten que compartir a docencia neste centro co CEIP Vales Villamarín de Betanzos”, anota a parlamentar nacionalista. Unha decisión da Consellaría que, alega Queixas, “en absoluto se pode entender” como encamiñada a “resolver as carencias educativas do centro provocadas pola irregular xestión” do Goberno galego.

Por todo isto, Queixas presenta iniciativas visando que a Xunta nomee de urxencia unha docente coa especialidade de Educación Musical a tempo completo e cumpra así coa súa propia legalidade, establecida na orde de 22 de xullo de 2021 publicada no DOG a 6 de agosto de 2021.

 

Unha batería de iniciativas para o CEIP Sagrada Familia ter unha docente especialista en Educación Musical