#AGAÑARXGZ #UNHANOVAGALIZA

Visitamos as instalacións do Coliseum, o escenario da XVII Asemblea Nacional, a terceira consecutiva na Coruña

20211029_115105
Queixas e Jorquera
O noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera, e a nosa parlamentar Mercedes Queixas visitaron esta mañá as instalacións do Coliseum, o escenario que o vindeiro domingo 7 de novembro irá acoller a XVII Asemblea Nacional do BNG.
Visitamos as instalacións do Coliseum, o escenario da XVII Asemblea Nacional, a terceira consecutiva na Coruña

“Esta é a terceira Asemblea Nacional consecutiva que se realiza na cidade”, destacou Jorquera, quen a seguir ponderou que “A Coruña é unha cidade moi especial para o BNG, pois foi aquí, no frontón de Riazor, onde vivimos a asemblea fundacional, en 1982”.

“Desde o BNG da Coruña non podemos menos que mostrar o noso agradecemento á dirección nacional do Bloque por voltar a apostar na nosa cidade para realizar un evento desta relevancia política. Para o BNG da Coruña desde logo é unha enorme responsabilidade asumir a a organización desta asemblea,”, subliñou Jorquera. “A historia da Coruña está profundamente ligada á historia do nacionalismo. Aquí fundáronse as Irmandades da Fala, en 1916, e aquí tomou posesión o primeiro concelleiro nacionalista de todo o país, Lois Peña Novo, en 1920. E aquí tivo lugar, en fin, o acto fundacional do Bloque Nacionalista Galego, en 1982”.

“Desde o BNG da Coruña non podemos menos que mostrar o noso agradecemento á dirección nacional do Bloque por voltar a apostar na nosa cidade para realizar un evento desta relevancia política

Terceira asemblea nacional consecutiva que se realiza na Coruña, esta do próximo 7N, e terceiro evento consecutivo directamente relacionado co proceso de reforzo e ampliación do nacionalismo galego. “Aquí realizamos a asemblea nacional que escolleu Ana Pontón como portavoz nacional do BNG e aquí realizamos de novo unha asemblea nacional coa vista posta en situar a nosa portavoz nacional como a primeira presidenta da Xunta”, dixo Mercedes Queixas.

Jorquera e Queixas

Queixas fixo un chamamento especial á participación na XVII Asemblea Nacional “a todas as persoas da Coruña e a nosa comarca que simpaticen co BNG a acompañarnos ese día, especialmente durante a sesión de clausura que se realizará a tarde dese domingo 7N”.

A sesión de clausura vai comezar ás 19 horas. As persoas que desexen asistir terán de se inscribir previamente enviando un correo electrónico a [email protected].

 

Visitamos as instalacións do Coliseum, o escenario da XVII Asemblea Nacional, a terceira consecutiva na Coruña