Novas
Francisco Jorquera
Novas
A impresionante dignidade dos 8 obreiros de Brens
22/ago./2022
Un sinxelo e emotivo tributo –unha ofrenda floral diante do monumento da memoria deseñado por Isaac Díaz Pardo no Campo da Rata- foi o que renderon na mañá do sábado 20 de agosto militantes do BNG de Cee e Corcubión aos 8 obreiros da fábrica de Brens, sindicalistas da naquela altura chamada Fábrica Hidroeléctrica do Pindo- fusilados o 18 de decembro de 1936 por teren organizado unha folga contra o golpe de estado fascista. Na homenaxe participou o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera.
Novas
Até cando a vergoña urbanística da andamiaxe abandonada na Rúa das Donas?
19/ago./2022
O BNG xa se interesou por este asunto a medio de diversas iniciativas, mais calquera visita ao número 3 da Rúa das Donas –nun dos accesos ao corazón da Cidade Vella- permite comprobar como o Goberno Local non ten feito nada para resolver o que podemos considerar unha auténtica vergoña urbanística, o estado de lamentábel abandono en que se acha a andamiaxe que tapa un dos edificios desta vía pública.
Novas
Con vontade política, podería haber cesión gratuíta do antigo cárcere ao Concello
18/xul./2022
Achegamos a seguir a avalición que lle merece ao portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, o Acordo Extraxudicial entre o Goberno Local e a Sociedade estatal de Equipamentos Penitenciarios en relación ao antigo cárcere provincial.
Novas
O BNG saúda a creación do Consello Municipal da Cultura, mais anuncia achegas no que resta de tramitación
13/xul./2022
O BNG saúda a creación do Consello Municipal da Cultura –a aprobación inicial do seu regulamento foi obxecto esta mañá dunha reunión da Comisión de Facenda, Economía e Administración Xeral e irá a Pleno extraordinario o vindeiro venres (11 horas)- e anuncia achegas e propostas nos pasos que ten por diante até se formalizar a súa constitución.
Novas
O Goberno Local, disposto a pagar polo retorno da cadea ao patrimonio municipal
07/xul./2022
A pregunta de Avia Veira ao Goberno Local sobre o Acordo Extraxudicial entre o Executivo coruñés e a Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios (SIEPSE), titular do antigo cárcere provincial, deitou algo de luz sobre un asunto até agora misterioso.
Novas
A concelleira de Medio Ambiente admite que a limpeza na cidade "é mellorábel"
07/xul./2022
O portavoz do BNG, Francisco Jorquera, deu traslado ao Pleno de numerosas queixas veciñais sobre a falta de limpeza que é palpábel na cidade.
Novas
A Pleno as numerosas queixas veciñais sobre a falta de limpeza na cidade
06/xul./2022
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vai dar traslado das numerosas queixas veciñais sobre a falta de limpeza na cidade ao Pleno deste xoves 7M e vaino facer en forma de pregunta oral ao Goberno Local.
Novas
Onde fica o proxecto para impulsar a Área Metropolitana?
04/xul./2022
O 3 de outubro de 2019, o Pleno do Concello aprobou o primeiro dos pasos que deberían conducir á constitución da Área Metropolitana da Coruña e fíxoo a instancias da Alcaldía.
Novas
Defendemos a plena equiparación laboral e salarial dentro do cadro de persoal de Parques e Xardíns
29/xuño/2022
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, mantivo esta mañá, nas nosas oficinas no Concello, un encontro con representantes do comité de empresa de Althenia, concesionaria do servizo de mantemento e conservación de parques e xardíns.