REUNIÓN JORQUERA-COMITÉ DE EMPRESA DE ALTHENIA

Defendemos a plena equiparación laboral e salarial dentro do cadro de persoal de Parques e Xardíns

Encontro Jorquera comité de empresa Althenia, concesionaria mantemento e conservación parques e xardíns.
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, mantivo esta mañá, nas nosas oficinas no Concello, un encontro con representantes do comité de empresa de Althenia, concesionaria do servizo de mantemento e conservación de parques e xardíns.
Defendemos a plena equiparación laboral e salarial dentro do cadro de persoal de Parques e Xardíns

Os traballadores trasladáronlle ao BNG as súas críticas ao prego de condicións do novo contrato, actualmente en trámite e suxeito ao proceso de alegacións.

Demandan a plena equiparación de condicións salariais e laborais para as e os traballadores do servizo con independencia do lote que lles corresponda.

O portavoz do BNG xulga “absolutamente razoábel” a reivindicación do comité de empresa e comprometeuse a defender as súas demandas durante a tramitación do contrato.

De resto, o BNG estima que a dotación económica que se contempla nos pregos non é suficiente para atender as necesidades do persoal e consolidar as conquistas acadadas polas traballadoras e traballadores a respecto das súas condicións laborais.

Por volta de 100 traballadoras e traballadores están empregados neste servizo.

 

 

 

Defendemos a plena equiparación laboral e salarial dentro do cadro de persoal de Parques e Xardíns