AVALIACIÓN SOBRE O ACORDO EXTRAXUDICIAL ENTRE O GOBERNO LOCAL E O ESTADO
Con vontade política, podería haber cesión gratuíta do antigo cárcere ao Concello
1.-Estamos ante un acordo político extraxudicial. Iso significa que se houbese a suficiente vontade política por parte do Estado, si que podería haber unha cesión gratuíta ao Concello. O feito de que non haxa esa vontade é unha mostra do escaso peso político que ten o Goberno de Inés Rey diante dun Goberno do Estado que, porén, é da súa mesma cor política.
A quita de 600 mil euros é para nós insuficiente. A única quita que veríamos xusta é a equivalente aos 2,9 millóns de euros que fixa a sentenza xudicial. Isto é, o acordo extraxudicial tería que significar a devolución do inmóbel de balde ao Concello.
2.-O BNG non apoiará no Pleno ningún acordo que supoña un desembolso económico para o Concello.
3. Alén da devolución gratuíta, o Goberno Local ten que negociar que a rehabilitación do inmóbel corra a cargo do responsábel do estado de abandono e deterioración no que se acha, isto é, o Estado español.
4.- O Pleno do Concello aprobou en decembro de 2020 unha moción do BNG para a restitución gratuíta da cadea e para a súa rehabilitación a conta do Estado. O Goberno Local debería aterse ao contido desa moción.