PREGUNTA POR ESCRITO DE FRANCISCO JORQUERA

Determinou xa o Concello a orixe das bacterias fecais que contaminaron as augas da praia de Oza?

Contaminación augas peirao deportivo Oza
Determinou xa o Concello a orixe das bacterias fecais que contaminaron as augas da praia de Oza?

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, dirixiu unha pregunta ao Goberno Local para saber se coñece xa as causas que orixinaron a presenza de bacterias fecais na praia de Oza, circunstancia que levou a que se desaconsellase o baño nesas augas entre os días 4 e 9 de agosto.

“Caso de se deber a unha vertedura, ten o Goberno Municipal localizado o seu punto de orixe?”, inquire o voceiro nacionalista, quen se interesa por saber “que medidas aplicou ou está aplicando” o Executivo coruñés “para
que isto non volte acontecer”.

A xuízo do BNG, o Concello debería realizar “algún tipo de avaliación periódica ou seguimento sobre o estado/calidade da augas da baía coruñesa, incluídas as situadas en terreos portuarios”.

Igualmente, Jorquera demándalle ao Goberno Local que sexa “exixente” coa Autoridade Portuaria da Coruña “para que garanta as actuacións de limpeza necesarias na lámina de auga da súa competencia”.

Na exposición de motivos desta iniciativa, o portavoz do BNG en María Pita remarca que “o episodio de fecais” non constitúe “o único fenómeno de contaminación mariña na contorna do areal de Oza” producido nos últimos
días, tal como se reflicte nas fotografías que ilustran esta nova.

Determinou xa o Concello a orixe das bacterias fecais que contaminaron as augas da praia de Oza?