POIS SI QUE PARECE QUE EXISTE ACORDO EXTRAXUDICIAL, AÍNDA QUE NON ESTARÍA ASINADO!

O Goberno Local, disposto a pagar polo retorno da cadea ao patrimonio municipal

20220707_100216
A pregunta de Avia Veira ao Goberno Local sobre o Acordo Extraxudicial entre o Executivo coruñés e a Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios (SIEPSE), titular do antigo cárcere provincial, deitou algo de luz sobre un asunto até agora misterioso.
O Goberno Local, disposto a pagar polo retorno da cadea ao patrimonio municipal

O BNG fixera dúas peticións por escrito para ter acceso a un Acordo Extraxudicial do que tivo coñecemento a través de informacións xornalísticas. Ese Acordo apareceu en público na web de SIEPSE en relación á contratación dun servizo de vixilancia para a cadea, mais o Goberno Local, en resposta ao BNG, afirmaba que non lle coñecía a existencia de pacto ningún entre a administración local e estatal.

“O Goberno Local si chega a acordos extraxudiciais para solventar problemas que foron herdados. Veremos agora que pasos cómpre dar. Para os cales si que imos necesitar a súa axuda”, díxolle Lage a Veira.

Por tanto, o Goberno Local si recoñece agora oralmente a existencia dese Acordo Extraxudicial que, en todo caso, dixo Lage con certa dose de ambigüidade, talvez aínda non teña sido asinado.

O Acordo Extraxudicial consistiría en que o Concello tenta pagar ao Estado unha cantidade inferior á que vén marcada (1,2 millóns de euros) polo convenio asinado en 2005 polo Goberno Local daquela presidido por Francisco Váquez e a Administración central.

O Goberno Local si recoñece agora oralmente a existencia dese Acordo Extraxudicial que, en todo caso, dixo Lage con certa dose de ambigüidade, talvez aínda non teña sido asinado

Lage dixo que, en función da sentenza do Tribunal Supremo contraria ao recurso de casación interposto polo Concello durante a etapa do goberno de Carlos Negreira, esa cantidade hoxe sería maior, xa que habería que lle sumar os xuros derivados da demora.

“Procuramos un Acordo Extraxudicial que permita que o Concello teña que pagar algo menos daquilo que lle correspondería en función da sentenza”, sinalou.

O BNG non pode estar de acordo con esta solución, pois o cárcere ten que volver ao patrimonio municipal de balde, pois foi construído sobre terreos do Concello e cedidos por este en 1925 para usos exclusivamente penitenciarios. “E, por suposto, o inmóbel ten que ser restaurado con fondos do Estado, responsábel do seu lamentábel estado de abandono”, subliñou Veira.

O Goberno Local, disposto a pagar polo retorno da cadea ao patrimonio municipal