Novas

Jorquera denuncia que o Instituto Cornide está orfo de dirección

O Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses está “nun proceso de reestruturación para o adaptar aos tempos actuais” e para o dotar de “máis medios e recursos”, dixo o portavoz do Goberno Local, José Manuel Lage, ao ser interpelado ao respecto, no Pleno do Concello, polo voceiro do grupo municipal do BNG, Francisco Jorquera.

O que non explicou o portavoz do Executivo coruñés é por que o Instituto José Cornide está sen dirección desde agosto de 2020 –momento en que presenta a demisión o seu anterior director-, ten a súa web inoperativa e dispón só dunha persoa funcionaria, de modo que cando está de baixa ou pide permiso “o instituto ten que permanecer fechado para o público, o que tamén significa que non está accesíbel para as persoas investigadoras”, denunciou Jorquera.

Jorquera denuncia que o Instituto Cornide está orfo de dirección