FAI FALTA UN MODIFICATIVO DE CRÉDITO PARA GARANTIR O EQUILIBRIO ECONÓMICO DA CONCESIÓN
Partillamos as demandas do comité de empresa da piscina municipal do Club do Mar
“Partillamos as xustas demandas das e dos traballadores e, por tanto, urximos o Goberno Local a que procure unha rápida solución que garanta o reequilibrio económico da concesión. Falamos dun servizo, o da piscina municipal, que atende a unha moi ampla zona da nosa cidade”, salienta Francisco Jorquera.
O Goberno Local ten que actuar con dilixencia para impedir que se materialice un ERTE sobre 27 traballadores e mesmo se poña en risco a continuidade dunha entidade “tan emblemática e de tanto arraigo social como é o Club do Mar de Santo Amaro”.
Para o BNG, os pasos que debe dar canto antes o Goberno Local é convocar a Comisión de Facenda “para analizar a situación” e “impulsar a aprobación dun modificativo de crédito que garanta o reequilibrio da concesión e evite que as e os traballadores se vexan afectados por un ERTE”.