PARTIDAS IRRISORIAS PARA A VEDRA, A PONTE PASAXE E A CUARTA ROLDA

Nunha primeira avaliación de urxencia, o BNG destaca as "ausencias clamorosas" no proxecto de orzamentos do Estado-2023

Vista aerea do porto da Coruña cos peiraos de Calvo Sotelo e de Bateria á esquerda
O Estado continúa sen condonar a débeda que pesa sobre o porto.
Nunha primeira avaliación de urxencia do proxecto de orzamentos do Estado para 2023, o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, pon en destaque que "continúa a haber ausencias clamorosas" no que ten a ver coas demandas e necesidades da Coruña.
Nunha primeira avaliación de urxencia, o BNG destaca as "ausencias clamorosas" no proxecto de orzamentos do Estado-2023

"O aumento do investimento neste proxecto a respecto do exercicio anterior é debido a actuacións previstas desde hai moitos anos. Aínda por riba, finánciase en boa parte con fondos europeos (o enlace ferroviario a Punta Langosteira, a dragaxe da Ría do Burgo...", indica Jorquera.

As ausencias clamorosas apuntan á que continúa sen se condonar a débeda que pesa sobre o porto da Coruña, unha clara discriminación a respecto do trato outorgado a València, cuxo débito si foi asumido nos orzamentos do Estado. Jorquera sinala tamén a "infradotación escandalosa" da liña ferroviaria A Coruña-Ferrol. "Pérdese unha nova oportunidade de modernizar ese traxecto e de o adecuar, ao tempo, para servizos de proximidade", remarca.

Canto ás partidas que se destinan para a reforma da Avenida da Vedra, a ampliación da Ponte Pasaxe e a prolongación do acceso ao Porto Exterior pola Cuarta Rolda só cabe cualificalas como "irrisorias", xulga o voceiro do BNG no Concello. 

 

Nunha primeira avaliación de urxencia, o BNG destaca as "ausencias clamorosas" no proxecto de orzamentos do Estado-2023