David Soto
Novas
Captura de pantalla 2025-07-10 120715

O mal estado do campo de golf e as reivindicacións das e dos traballadores da instalación, a debate grazas ao BNG

O Goberno Local ten que atender as queixas das persoas usuarias, que foron trasladadas ao grupo municipal do BNG, e acometer de inmediato labores de mantemento no Campo de Golf Municipal da Torre, que presenta, nomeadamente no seu céspede, unha grave deterioración, con zonas (a cancha de prácticas) ás que mesmo está vedado o acceso por risco de desprendementos.
Ler novas
Novas
Grupo municipal do BNG. Pleno de abril.

O Pleno de maio aproba as tres mocións do BNG

O Pleno de maio do Concello da Coruña aprobou as tres mocións formuladas polo BNG, unha delas, a relativa ás demandas e necesidades do barrio da Silva por unanimidade, as outras dúas -sobre o Centro de Orientación Familiar de Orillamar e sobre memoria democrática- co voto favorábel do grupo socialista e a oposición do PP.
Ler novas
Novas
Captura de pantalla 2025-03-13 183804

Se é unha "prioridade" nomear a Xerencia do Consorcio de Turismo, por que 13 meses despois aínda non foi designada?

Na sesión do #PlenoMarzo xa máis puramente de control ao Goberno Local -a das preguntas orais- e interpelado polo noso edil David Soto, o concelleiro de Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, xulgou como “unha prioridade” o nomeamento dunha persoa para ocupar a Xerencia do Consorcio de Turismo, mais non deu explicado por que esa praza fica vacante trece meses despois da renuncia do seu último titular.
Ler novas