UNHA INICIATIVA DE DAVID SOTO PARA O #PLENOMAIO DESTE XOVES 8M

A atención presencial, antídoto contra a fenda dixital que exclúe 14% da poboación coruñesa

David Soto.
David Soto.
A atención presencial, antídoto contra a fenda dixital que exclúe 14% da poboación coruñesa

O BNG mostra a súa preocupación polo feito de que o Goberno Local está decidido a impor a vía telemática como a única forma en que se podan realizar trámites administrativos no Concello.

Se temos en conta que a fenda dixital afecta 14% da poboación coruñesa (32 mil persoas no termo municipal carecen de acceso a internet), estaríamos a falar dun grave para un importante sector social ao que se lle estaría impedindo exercer os seus dereitos diante da Administración local.

É por isto que o noso concelleiro David Soto leva esta cuestión ao Pleno do vindeiro xoves cunha pregunta oral coa seguinte formulación: “Como pensa atallar o Goberno Municipal o problema da fenda dixital na administración local da Coruña?”.

A fenda dixital atinxe fundamentalmente persoas da terceira idade, con dificultade á hora de se manexar con ferramentas informáticas ou mesmo de acceder a elas.

“O Goberno Local ten que ser proactivo e adoptar as medidas necesarias para garantir que o 100% da poboación poda realizar trámites ante a Administración e exercer con plenitude os seus dereitos”, defende Soto.

Isto pasaría necesariamente por que o Goberno Local garanta que calquera trámite (“recentemente soubemos que as solicitudes de acceso aos centros cívicos só de pode facer por vía temática) se poda realizar de forma presencial, remarca Soto.

 

 

A atención presencial, antídoto contra a fenda dixital que exclúe 14% da poboación coruñesa