ROGO FORMULADO POR DAVID SOTO
A alcaldesa debe absterse de apoiar universidades privadas e, en troca, pedir maior apoio da Xunta á UDC
Na quenda de rogos orais deste Pleno de maio, o noso concelleiro David Soto instou a alcaldesa a que “evite dar mostras públicas de apoio á creación de universidades privadas” na nosa cidade.
Ao mesmo tempo, e apelando ao “principio fundamental de lealdade interinstitucional”, Soto pídelle á alcaldesa que demande do Goberno galego “un mellor trato ao sistema universitario público galego, nomeadamente esixindo a reversión do infrafinanciamento histórico” ao que a Universidade da Coruña se ve sometida pola Xunta.
Para o concelleiro do BNG, a participación da alcaldesa en actos que teñen por obxectivo promocionar intereses privados debería ser “discreta” , nomeadamente nun momento en que a UDC sofre un financiamento insuficiente por parte da Xunta.