UNHA PREGUNTA DE DAVID SOTO NO #PLENOMARZO

Se é unha "prioridade" nomear a Xerencia do Consorcio de Turismo, por que 13 meses despois aínda non foi designada?

Captura de pantalla 2025-03-13 183804
David Soto
Na sesión do #PlenoMarzo xa máis puramente de control ao Goberno Local -a das preguntas orais- e interpelado polo noso edil David Soto, o concelleiro de Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, xulgou como “unha prioridade” o nomeamento dunha persoa para ocupar a Xerencia do Consorcio de Turismo, mais non deu explicado por que esa praza fica vacante trece meses despois da renuncia do seu último titular.

Na súa intervención, Soto cualificou de “demasiado tempo” os 13 meses transcorridos sen o Goberno Local ter feito ese nomeamento.

As consecuencias negativas para Alvedro

Unha falta de dilixencia que tivo consecuencias. “As e os traballadores do Consorcio de Turismo falan de falta de planificación e mesmo de, en algunhas ocasións, demora na cobranza dos seus salarios. Por outra banda, o comité de empresa de Alvedro ten ligado a ausencia dunha persoa á fronte da Xerencia á traxectoria non precisamente exitosa da terminal, como demostra o feito de que no último ano só se prorrogasen 4 dos 6 convenios que estaban vixentes coas aeroliñas”, alegou.