David Soto
Novas
Presentación campaña Mellor Local Mellor Galego

O BNG presenta a campaña "Mellor Local, Mellor Galego" para animar as coruñesas e coruñeses a apoiar o comercio de proximidade

Animar a que nestas festas -tamén no resto do ano- as coruñesas e os coruñeses merquen no comercio de proximidade, nas tendas dos barrios. Ese é o propósito que levou o BNG a presentar esta mañá a campaña “Mellor Local, Mellor Galego”. A presentación correu a cargo do concelleiro David Soto, responsábel de comercio do noso grupo municipal, quen estivo acompañado por Francisco Jorquera e Avia Veira.
Ler novas
Novas
Captura de pantalla 2025-10-02 135207

Mundial 2030: a desinformación continúa

Na quenda de preguntas ao Goberno Local deste #PlenoOutubro, o concelleiro do BNG David Soto inquiriu o Executivo coruñés sobre o proxecto para A Coruña ser unha das sedes do campionato mundial de fútbol masculino 2030.
Ler novas
Vídeo
Andaina de David Soto polos núcleos rurais da cidade

Andaina de David Soto polos núcleos rurais da cidade

O noso concelleiro David Soto comprobou en situ o abandono en que se achan os núcleos rurais da cidade, desde Feáns até Mesoiro pasando por Vío ou A Silva.

Falta de mantemento -por exemplo brilla pola súa ausencia a roza da maleza, unha medidas elemental de prevención de incendios-, ausencia de beirarrúas en lugares con risco de tráfico, vertedoiros incontrolados... son algunhas das notas que caracterizan estes espazos da cidade.

"Imos levar os problemas e demandas dos núcleos rurais ao Pleno do Concello", anuncia o concelleiro nacionalista.

Ler novas