Avia Veira
Novas
Encontro BNG-Asociación Española contra o Cancro da Coruña

O BNG comprométese coa Asociación contra o Cancro da Coruña a trasladar as súas propostas ao Concello

O portavoz do BNG no Concello e candidato nacionalista á Alcaldía, Francisco Jorquera, e a concelleira e número dous da lista do Bloque para o 28 de maio, Avia Veira, mantiveron este martes un encontro co vicepresidente e a xerenta da Asociación Española contra o Cancro da Coruña, Carlos Lamora e Gemma García-Abril, na sede desta ONG, no número 1 da Rúa Real.
Ler novas
Novas
Rúa Nosa Señora do Rosario na Cidade Vella con coches estacionados en ambos marxes

Resposta moi xenérica do Goberno Local sobre os medios para controlar o acceso de vehículos non autorizados á Cidade Vella

Hai xa un ano que o Goberno Local anunciou a instalación de cámaras para controlar o acceso de vehículos non autorizado á Cidade Vella, mais a medida aínda non se chegou a materializar. Sobre o asunto interesouse por escrito a concelleira do BNG Avia Veira, por medio dunha pregunta por escrito a respecto dos medios para controlar que só accedesen á Cidade Vella aqueles automóbeis con permiso para o facer, os das persoas residentes.
Ler novas
Novas
BNG Asociación Galega Turismo Sostíbel

Xuntanza coa Asociación Galega de Turismo Sostíbel: cómpre pór fin á barra libre da que gozan os pisos turísticos

Non é de recibo que se manteña a situación actual de “barra libre”, de falta de regulación da existencia de pisos turísticos na cidade. Este diagnóstico compartírono o grupo municipal do BNG e representantes da Asociación Galega de Turismo Sostíbel durante a reunión que esta mañá mantiveron nas oficinas da formación nacionalista en María Pita.
Ler novas
Novas
Fonte de Santo Amaro 2

Coa veciñanza, en defensa da Fonte de Santo Amaro

O pasado xoves 2 de febreiro o Pleno do Concello aprobaba por unanimidade unha moción do BNG, defendida por Avia Veira, para o Goberno Local garantir a protección dos elementos arquitectónicos e etnográficos existentes na área onde se van levar a termo as obras de urbanización de Santo Amaro.
Ler novas
Vídeo
Un café con Avia Veira: "Este Goberno Local é incapaz de lle dar á Coruña o impulso que necesita"

Un café con Avia Veira: "Este Goberno Local é incapaz de lle dar á Coruña o impulso que necesita"

A canle de Youtube do BNG da Coruña estrea este 7 de febreiro a segunda entrega da súa sección “Un café con...”, desta volta protagonizada pola nosa concelleira Avia Veira, responsábel no grupo municipal de materias como Mobilidade, Urbanismo, Vivenda, Cultura e Política Social.

“A Coruña ten un enorme potencial, mais este Goberno Local é incapaz de lle dar o impulso que a cidade necesita”, afirma a concelleira nacionalista nesta conversa. “É un Goberno Local centrado en grandes titulares, en grandes eventos”, pero que logo falla “na política máis elemental da cidade”, naquelas cuestións que fan que un concello funcione ou non funcione, nomeadamente no que ten a ver coas competencias propias, desde a mobilidade até a xestión e tratamento dos residuos.

A percepción de que A Coruña necesita un impulso non é que a teña o BNG, “é que así nola transmite moita xente”, remarca Veira. “Non hai proxecto nin cultural, nin urbanístico, nin de mobilidade nin de vivenda”, engade. Mais hai alternativa, hai unha forza claramente á alza na cidade e con vocación de a partir das xa inminentes eleccións municipais de 28 de maio liderar o Goberno Local. “Jorquera dicía nunha entrevista”, refire Veira, “que a cidade lle debería dar unha oportunidade ao BNG. E eu comparto absolutamente iso”.

E é que, reflexiona a concelleira, A Coruña leva moito tempo arrastrando os mesmos problemas. “Con gobernos do PP, do PSOE, estivo a Marea Atlántica. Pero o BNG aínda nunca liderou o goberno da nosa cidade...”. O BNG, enfatiza, ten moi claros “cales son os problemas da Coruña, mais tamén cales son as solucións”. “Hai exemplos no resto do país de gobernos liderados polo BNG que cren nas potencialidades das súas vilas e das súas cidades. Nós cremos nas potencialidades da cidade. Cremos que a cidade merece un futuro mellor e que o BNG pode darlle ese futuro moito mellor”, salienta.

Ler novas