Novas
Casa Museo Casares Quiroga

A nova concesión das Casas Museos debería contemplar a contratación estábel de perceptoras da RISGA

A concelleira do BNG Avia Veira formúlalle un rogo oral ao Executivo coruñés, para ser defendido no Pleno do vindeiro mes de marzo, co obxectivo de que na próxima concesión dos servizos complementarios das Casas Museos se contemple a contratación estábel de persoas perceptoras da Risga que xa traballasen nelas a través de subvencións da Xunta e que, por tanto, “xa teñen demostrado a súa capacidade”.
Ler novas