Un rogo para o Concello comunicar xa a listaxe de traballadoras do SAD con vistas á súa vacinación
Informacións xornalísticas alertáronnos hoxe de que A Coruña é un dos concellos galegos que non lle comunicou aínda á Fegamp a listaxe das traballadoras do Servizo de Axuda a Domicilio, trámite previo para o SERGAS as incluíren no proceso de vacinación contra a Covid-19.
19 feb. 2021 - 15:37
Ante esta situación, a concelleira do BNG Avia Veira rexistrou este venres un rogo escrito instando o Goberno Local a que traslade a información oportuna á FEGAMP con vistas a garantir a vacinación das traballadores e traballadores deste servizo.
“Cómpre a máxima celeridade e dilixencia neste asunto. A vacinación destas traballadoras é esencial para garantir a súa saúde e a das persoas maiores que coidan. Non é escusábel ningunha tardanza ao respecto”, afirma Avia Veira.