Jorquera responde á alcaldesa: "Dedicamos boa parte do Pleno a explicar a nosa posición. Se quere vir ao Fío Directo, nós encantados"

Pablo Portabales entrevista Jorquera para Radio Voz. 20 de novembro de 2024.
Jorquera, entrevistado por Pablo Portabales no "Voces da Coruña" de Radio Voz
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, sae ao paso das declaracións realizadas onte pola alcaldesa a respecto do anuncio feito polo grupo municipal nacionalista sobre os orzamentos para 2025.
Jorquera responde á alcaldesa: "Dedicamos boa parte do Pleno a explicar a nosa posición. Se quere vir ao Fío Directo, nós encantados"

Perante a afirmación da alcaldesa segundo a cal o BNG tenlle que explicar á cidadanía as razóns polas cales non vai negociar os orzamentos de 2025, Jorquera responde: “Dedicamos practicamente toda a sesión plenaria do pasado luns a explicar a nosa posición. Lamentamos, iso si, que, contra o que é costume, non funcionase o streaming e non houbese retransmisión en directo do Pleno, o que lle impediu á veciñanza acompañar o desenvolvemento íntegro da sesión e escoitar as explicacións do BNG”.

Mais a veciñanza vai ter oportunidade de intercambiar impresións co BNG no acto público que a formación nacionalista convoca para este xoves. Será o terceiro dos encontros que, baixo o rótulo FÍO DIRECTO, organiza o BNG desde o comezo deste mandato e vai ter lugar no Salón Enseada do Hotel Riazor a partir das 19 horas.

“É un acto aberto público a todas as coruñesas e coruñeses”, dixo Jorquera, a quen lle parecería espléndido que se animase a propia alcaldesa a participar. “Se quere asistir e mesmo formular preguntas, por nós encantados”, dixo.

Sobre a interpretación que nos medios se ten dado de que a alcaldesa vai tomar o mando ante a nova situación no Concello, Jorquera ironiza: “Eu pensei que o mando xa o tiña”.

E nese sentido, “e con todo o respecto que a señora Inés Rey me merece”, o portavoz nacionalista estendeuse: “Un dos problemas deste Goberno Local é que a alcaldesa ocupa practicamente toda a axenda na relación pública, e ese é sen dúbida un aspecto fundamental no labor dunha alcaldesa, pero ten moi descoidado o día a día do Concello”.

 

 

 

 

 

Jorquera responde á alcaldesa: "Dedicamos boa parte do Pleno a explicar a nosa posición. Se quere vir ao Fío Directo, nós encantados"