Novas
Avia

O Goberno Local non esclarece se apoia a venda de parte dos activos do porto ou se vai estudar a xestión directa dos buses

O concelleiro de Urbanismo Juan Díaz Villoslada eludiu esclarecer se o Goberno Local ten no horizonte o estudo da xestión directa do transporte público urbano, comprometida no Acordo de Investidura co BNG, e se comparte ou non a hipótese de privatización de parte dos activos do porto contemplada no informe elaborado pola UDC a petición do Concello.
Ler novas
Avia Veira e  Francisco Jorquera. Pleno extraordinario Punta Langosteira.

"A pinza que sempre sufriu este país é a pinza PP-PSOE"

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, criticou no Pleno extraordinario deste 3M o “duplo xogo” do PP –calado durante os gobernos de Mariano Raxoi á hora de defender reivindicacións da cidade e “moi esixente” agora-, mais votou a favor da proposta resolutiva formulada pola formación conservadora por estar de acordo co seu contido (que se prorrogue a vixencia do estudo de impacto ambiental e que se liciten as obras antes do mes de xuño).
Ler novas
Caravana automobilística contra as abusivas peaxes da AP9.

A caravana da dignidade fronte á aldraxe da AP9

Unha caravana da dignidade para denunciar a aldraxe e a estafa que a AP9 -unha infraestrutura aínda de titularidade estatal cuxa concesión privada non finalizará até 2048- supón para Galiza. Iso é o que se viviu na mañá do domingo 28F polas rúas da cidade. Con ela, exitosa polo alto grao de participación, dá inicio un ciclo de mobilizacións convocadas polo Bloque Nacionalista Galego.
Ler novas