Este domingo, unha caravana de automóbiles para demandar a rebaixa das abusivas peaxes da AP-9

Campaña contra as abusivas peaxes da AP9.
Foto: La Opinión
O Bloque Nacionalista Galego da Coruña chama a participar este domingo nunha caravana de automóbiles polas rúas da cidade para demandar a rebaixa das abusivas peaxes da AP-9.
Este domingo, unha caravana de automóbiles para demandar a rebaixa das abusivas peaxes da AP-9

O punto de partida desta mobilización, que arrancará por volta das 11 horas, será o aparcadoiro da Faculdade de Informática (Campus de Elviña). A caravana percorrerá a cidade até chegar fronte á Delegación do Goberno (Praza de Ourense), onde, arredor das 12 horas, tomarán a palabra Francisco Jorquera e Néstor Rego, portavoces do BNG en María Pita e no Congreso, respectivamente.

Para o BNG, as portaxes da AP-9, unha infraestrutura xa longamente amortizada pola concesionaria e que carece dunha alternativa libre de peaxe, constitúen un agravio e unha estafa.

A formación nacionalista esíxelle ao Goberno do Estado que cumpra o Acordo de Investidura ao que chegou co BNG e faga efectiva a rebaixa das tarifas.

Cumpre lembrar a este respecto que nos orzamentos do Estado figura unha partida de 54,9 millóns de euros para financiar a redución das portaxes. É moito hora de a levar á práctica.

 

 

 

 

Este domingo, unha caravana de automóbiles para demandar a rebaixa das abusivas peaxes da AP-9