O BNG pediu o martes nun rogo o recurso que hoxe anunciou a alcaldesa contra as indemnizacións aos Franco
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, rexistrou este martes un rogo oral á alcaldesa para esta dar instrucións aos servizos xurídicos do Concello en orde a que se presentase un recurso contra a sentenza da Audiencia Provincial que recoñece aos herdeiros do ditador Franco dereitos indemnizatorios polos gastos feitos no Pazo de Meirás.
25 feb. 2021 - 15:54
O BNG, por tanto, non pode menos que congratularse ante o anuncio feito pola alcaldesa este mesmo xoves de que, con efecto, o Concello interporá ese recurso.
Na exposición de motivos deste rogo, Jorquera aducía que indemnizar con diñeiro público os beneficiarios dun espolio sería tanto como unha “humillación para calquera demócrata e unha ofensa a todas as persoas que levan décadas loitando pola recuperación da memoria e contra a impunidade do franquismo”.