O Goberno Local debe dar explicacións sobre os intereses de Pardo de Vera no Plan para As Xubias
11/xul./2024
A concelleira do BNG Avia Veira pídelle explicacións ao Goberno Local sobre o feito de a directora técnica do Plan Estratéxico para A Coruña 2030-2050, Isabel Pardo de Vera, ter intereses no fondo de investimentos co que o Concello anunciou un convenio para a realización do Plan das Xubias.