David Soto solicita información sobre o Plan do Concello para combater a soidade non desexada

David Soto.
David Soto
O concelleiro do BNG David Soto vén de rexistrar unha batería de preguntas por escrito en relación ao Plan do Concello para combater a soidade non desexada, presentado en outubro pasado pola alcaldesa e que contaría cunha partida orzamentaria de 3 millóns de euros.

Soto quer saber como se organiza e quen leva a cabo a detección de persoas en situación de soidade non desexada e cantas persoas nese estado se identificaron até o momento.

O edil nacionalista inquire o Goberno Local que área do Concello estivo a cargo da redacción do plan e, se antes do seu encargo, se realizou un estudo previo sobre o fenómeno da soidade non desexada na nosa cidade.

“Deuse audiencia a algún colectivo con interese no combate á soidade non desexada? A cales?”, pregunta Soto, quen quere tamén coñecer “que sectores da veciñanza” teñen maior risco de viviren sen compañía.