A CRÓNICA DO #PLENOEXTRAORDINARIO

Si ao M6, non ás alegacións do PP e recordatorio ao PSOE dos incumprimentos

grupo municipal BNG pleno extraordinario 18D
Grupo municipal do BNG, minutos antes do comezo do Pleno
No Pleno extraordinario que se realizou esta mañá, o BNG votou a favor da aprobación definitiva do modificativo de crédito M6, ao tempo que rexeitou as alegacións formuladas polo PP, formación á que lembrou que as principais competencias en materia social non son do Concello, senón da Xunta.
Si ao M6, non ás alegacións do PP e recordatorio ao PSOE dos incumprimentos

Na súa intervención, o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, remarcou que se o Goberno Local tivese cumprido o acordo orzamentario ao que chegou co Bloque, agora non sería preciso aprobar algúns aspectos desete modificativo.

E así referiuse en concreto ao suplemento de crédito que o modificativo incorpora, por valor de 150 mil euros, con destino á Escola Municipal de Música.

Ese diñeiro vai para custear a suba salarial ao cadro de persoal, abonar o pagamento de atrasos por mor da aplicación do convenio coa Escola e para facer fronte a gastos urxentes necesarios para o funcionamento ordinario deste centro docente. “Mais teño que lembrar”, salientou Jorquera, “que non estaríamos nesta situación se se tivese respectado o acordo orzamentario ao que chegamos para este exercicio 2024”.

E é que no acordo orzamentario o Goberno Local pactou co BNG a inclusión de 250 mil euros para a Escola Municipal de Música. Esa dotación nunca foi aplicada nela, senón que foi utilizada para diminuír o déficit do Consorcio para a Promoción da Música, denunciou Jorquera.

E se se tivese cumprido o acordo orzamentario, este modificativo tampouco levaría aparellada a baixa dalgunhas partidas (necesaria para financiar a mudanza nas contas) que infelizmente afectan proxectos pactados co BNG.

Argumenta o Goberno Local que eses proxectos aínda non están prontos para seren licitados, mais en todo caso a responsabilidade na demora é do Executivo coruñés, critica Jorquera.

Para o BNG, é evidente que o Goberno Local só impulsa os proxectos propios e non aqueles negociados co BNG.

Captura de pantalla 2024-12-18 101258
Jorquera, durante a súa intervención

“Se o Goberno Local se centra só naquelas cuestións que forman parte das súas prioridades de axenda e secundariza programas e actuacións que figuraban nos orzamentos a iniciativa do BNG a consecuencia é que... Houston, tenemos un problema”, ironizou.

Alegacións do PP

Ao votar afirmativamente a aprobación definitiva do M6, o BNG rexeitaba tamén as alegacións formuladas polo PP.

Unha desas alegacións pretendía a ampliación do crédito para as bolsas comedor, ignorando que esta partida xa fora aumentada en 120.000 euros a proposta do BNG no modificativo de crédito M4.

Alén diso, a alegación do PP non ten en conta cal é a distribución das competencias entre as administracións públicas, sendo que, como lle lembrou Jorquera á bancada conservadora, as principais facultades en materia de política social corresponden á Xunta e non ao Concello.

“Por tanto, sería bo que a Xunta asumise as súas responsabilidades”, anotou Jorquera para, a seguir, consignar un dato obxetivo: “En Catalunya, Euskadi, Andalucía, Castela e León e Madrid [estas tres últimas comunidades autónomas, gobernadas polo PP] os comedores escolares están financiados polos gobernos autonómicos”.

Sobre as responsabilidades da Xunta, apuntou tamén Jorquera que a Administración galega lle debe 5,8 millóns de euros á Orquestra Sinfónica de Galiza, un lastre que coloca nunha situación moi delicada as finanzas do Consorcio para a Promoción. O M6 aborda este asunto ao incluír un suplemento de crédito de 600 euros para o ente que xestiona á vez a orquestra e a Escola Municipal de Música.

  

Si ao M6, non ás alegacións do PP e recordatorio ao PSOE dos incumprimentos