O PLENO DE DECEMBRO APROBA AS TRES MOCIÓNS DO BNG, DÚAS DELAS POR UNANIMIDADE

Jorquera: "A cesión gratuíta da cadea ao Concello é unha cuestión de pura vontade política"

Captura de pantalla 2024-12-11 112240
Jorquera, durante o Pleno
O Pleno de decembro aprobou as tres mocións formuladas polo BNG, dúas delas -a relativa ao antigo cárcere provincial e ás demandas do barrio da Agra do Orzán- por unanimidade. A iniciativa sobre o impulso do galego saíu adiante cos votos favorábeis do PSOE, mais coa oposición do PP.
Jorquera: "A cesión gratuíta da cadea ao Concello é unha cuestión de pura vontade política"

O Pleno de decembro aprobou as tres mocións formuladas polo BNG, dúas delas -a relativa ao antigo cárcere provincial e ás demandas do barrio da Agra do Orzán- por unanimidade. A iniciativa sobre o impulso do galego saíu adiante cos votos favorábeis do PSOE, mais coa oposición do PP.

No que ten a ver coa antiga prisión, o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, instou o Goberno Local a que use a súa influencia política para lograr que o Estado renuncie á vía xudicial e se aveña a negociar co Concello.

O punto de partida ten que ser a sentenza que anulou o convenio asinado no seu día polo alcalde do PSOE Francisco Vázquez. O Estado debe absterse de a recorrer e debe facilitar a cesión gratuíta do cárcere, previa restauración ao se atopar en condicións ruinosas pola súa falta de mantemento por parte da Administración central.

“É unha cuestión de vontade política. A vontade política que permitiu a cesión gratuíta da cadea de Granada e Oviedo e a que está a piques de a permitir tamén en Soria”, argumentou Jorquera.

O portavoz do Executivo coruñés asegurou que a sentenza pon o marcador a cero e que se vai abrir unha negociación con Madrid, se ben admitiu implicitamente que o Goberno central (tal e como lle recomendou a Avogacía do Estado) podería recorrer a sentenza.

Jorquera: "A cesión gratuíta da cadea ao Concello é unha cuestión de pura vontade política"