Novas
Conferencia de prensa propostas BNG para os orzamentos do Concello 2024. Francisco Jorquera.

Jorquera ve na remodelación do Goberno Local o recoñecemento de que a estrutura das macro-áreas non estaba a funcionar

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, ve na remodelación do Goberno Local, anunciada esta mañá pola alcaldesa, o recoñecemento de que a estrutura coa que o Executivo coruñés encetou este mandato -con tres macro-áreas e concelleiros de primeira e concelleiros de segunda- non funcionaba e estaba a conducir “á ineficacia e á parálise na xestión municipal”.
Ler novas
Votación do modificativo de crédito IMCE. 6 de xuño de 2024.

Aprobado o modificativo de crédito con todas as facturas pendentes, como esixía o BNG, "polo ben das empresas e traballadorxs da cultura"

O grupo municipal do BNG votou a favor, no Pleno ordinario do mes de xuño, do modificativo de crédito por valor de 7,2 millóns de euros, da modificación dos orzamentos do IMCE (que se suplementan con 3,4 millóns) e do recoñecemento extraxudicial de créditos do IMCE (en virtude do cal será posíbel o pagamento de facturas pendentes de 2023 por valor de 4,1 millóns de euros).
Ler novas
Mercedes Queixas no COF de Orillamar

Pór freo ao desmantelamento do COF de Orillamar

A concelleira do BNG Mercedes Queixas considera “grave” a situación pola que está a atravesar o Centro de Orientación Familiar de Orillamar -un servizo de xestión partillada entre o Sergas e o Concello- e atribúe ao Goberno Local a responsabilidade de o seu cadro de persoal estar incompleto, con vacantes sen cubrir, o que obviamente resulta na degradación dun servizo que é básico para o coidado das mulleres.
Ler novas