FALARÁN AVIA VEIRA E ALEXANDRA FERNÁNDEZ, A RESPONSÁBEL DE VIVENDA DO GRUPO PARLAMENTAR

Este xoves, Fío Directo co BNG dentro da campaña "Vivir na Coruña... é imposíbel"

Alexandra Fernández
Alexandra Fernández intervirá no Fío Directo co BNG
O Bloque da Coruña realiza este xoves 12 de decembro (19.30 h, Centro Cívico da Cidade Vella) o seu cuarto Fío Directo co BNG, desta volta sobre o problema do acceso á vivenda na nosa cidade, un acto que se enmarca na campaña que a formación nacionalista lanzou co rótulo “Vivir na Coruña...é imposíbel”.
Este xoves, Fío Directo co BNG dentro da campaña "Vivir na Coruña... é imposíbel"

No acto, ao que asistirán o conxunto do grupo municipal do BNG, intervirán Avia Veira e Alexandra Fernández, responsábeis de Vivenda no Concello e no grupo parlamentar do BNG, respectivamente.

O Fío Directo co BNG é un encontro entre o Bloque da Coruña e o tecido cívico coruñés -nesta ocasión, con colectivos vinculados ao problema da vivenda-, mais é tamén un acto público aberto á participación de todas as coruñesas e coruñeses que se queiran achegar.

WhatsApp Image 2024-12-11 at 16.59.40

Lembramos que todos os materiais da campaña “Vivir na Coruña...é imposíbel” se achan na web jorquera.gal e parte deles teñen cabida nun vídeo que apareceu este martes nas redes sociais do Bloque coruñés.

As entregas anteriores do Fío Directo co BNG xiraron arredor da posición adoptada pola formación nacionalista diante do Acordo de Investidura e os orzamentos do Concello para 2024 e 2025.

 

 

 

Este xoves, Fío Directo co BNG dentro da campaña "Vivir na Coruña... é imposíbel"