INTERPELADO POR AVIA VEIRA

Celemín, incapaz de explicar por que a gratuidade nas escolas infantís municipais non alcanza a das privadas e as da Xunta

Avia a ML
Como explica o Goberno Local o “agravio comparativo” que sofren as familias con crianzas matriculadas nas escolas infantís municipais, que só se poden beneficiar da gratuidade de 6 horas diarias lectivas cando nas privadas e nas dependentes da Xunta se alcanzan as 8 horas de balde?, preguntou Avia Veira na segunda das cuestións orais formuladas polo BNG neste Pleno.

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, foi polo libro e respondeu que “porque no regulamento das Escolas Infantís Municipais aprobado no Pleno de xullo se establecían 6 horas lectivas”.

A resposta é ben pobre, tendo en conta que naquela sesión plenaria o BNG xa advertira que esa gratuidade era insuficiente e sería fonte de agravios. Celemín replicou ao respecto que ningún partido formulou alegacións ao regulamento e que, ao non haber pleno no mes de agosto, non houbo tempo material para o modificar con vistas a que a gratuidade das 8 horas entrase en vigor para o comezo do curso este pasado 6 de setembro.

Mais en realidade a coartada dada no seu momento polo Goberno Local foi moi outra: a da débeda do Concello co Consorcio Galego de Benestar Social. Mais ese débito, remarcou Veira, xa non pode ser o problema, pois a Xunta de Goberno Local aprobou liquidalo o pasado 8 de xuño.

“Unha vez que esa débeda vai ser liquidada, non entendemos por que non se actúa para impedir este agravio comparativo. A non ser que se queira utilizar este asunto como moeda de cambio para algunha outra cuestión”, deslizou Veira. “E se o atranco é o regulamento, refórmeno. Desde logo o BNG ofrécelles sen dúbida apoio para facelo”, concluíu.

Celemín, incapaz de explicar por que a gratuidade nas escolas infantís municipais non alcanza a das privadas e as da Xunta