INICIATIVAS DO BNG PARA O #PLENOSETEMBRO APÓS SE PRODUCIREN INCIDENTES CON ÁRBORES NA NOSA CIDADE

En agosto de 2021 instamos o Goberno Local a que realizase unha especie de "ITV das árbores"

Rúa Camelia
Despois deste martes 6 de setembro se volver producir un incidente cunha árbore na cidade –a caída dunha póla sobre un automóbil na Praza da Tolerancia-, o grupo municipal do BNG lembra que xa en agosto de 2021, por medio dunha pregunta por escrito, instou o Goberno Local a que realizase unha especie de “ITV da árbores”.
En agosto de 2021 instamos o Goberno Local a que realizase unha especie de "ITV das árbores"

Con efecto, nunha pregunta por escrito referida á talla dun castiñeiro na avenida Salvador de Madariaga, Francisco Jorquera, voceiro da formación nacionalista, inquiriu o Goberno Local, se “existe un control regular do estado das árbores existentes no territorio do noso Concello”.

A resposta do Goberno Local foi a seguinte: “Por suposto. Dito control é realizado polos técnicos dos diferentes lotes [en que se divide o concurso de mantemento] e, paralelamente, pola empresa de control de calidade. Todo elo, supervisado pola Sección de Parques e Xardíns da Concellaría”.

IMG-20220809-WA0005

A xulgar polas recentes incidencias –a caída dunha árbore de considerábeis dimensións no Barrio das Flores o pasado domingo, o desprendemento hoxe dunha póla na praza da Tolerancia-, o control non está a ser suficientemente estrito, o que levou o portavoz do BNG a rexistrar dous rogos orais para o Pleno do vindeiro xoves.

Un deles, de carácter xenérico, pide que se mobilicen todos os recursos dispoñíbeis “para deseñar unha estratexia efectiva de inspección, control e conservación dos exemplares arbóreos dos espazos públicos da cidade ao longo de todo o ano”.

O segundo refírese en concreto ao estado de conservación dos piñeiros situados na rúa Camelias, no Barrio das Flores, e por medio del o BNG insta o Goberno Local a que adopte as medidas oportunas para “evitar no posíbel a continua caída de pólas sobre a calzada, algunhas de gran tamaño e peso”.

 

 

 

En agosto de 2021 instamos o Goberno Local a que realizase unha especie de "ITV das árbores"