JORQUERA LEMBRA QUE OS IMPOSTOS SE CONXELAN APÓS O BNG LLE ADVERTIR AO PSOE QUE EN NINGÚN CASO APOIARÍA A SÚA SUBA

"O PP propón rebaixar as taxas, pero prevé aumentar 14% a recadación da Xunta e que o Concello aumente os gastos en competencias autonómicas"

Teba Chacón entrevista Jorquera
Jorquera conversa con Teba Chacón nos estudios de Radio Coruña
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, saíu hoxe ao paso da proposta de rebaixa das taxas e impostos municipais feita polo PP.
"O PP propón rebaixar as taxas, pero prevé aumentar 14% a recadación da Xunta e que o Concello aumente os gastos en competencias autonómicas"

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, saíu hoxe ao paso da proposta de rebaixa das taxas e impostos municipais feita polo PP. Fíxoo no curso dunha entrevista en Radio Coruña durante a cal reiterou que ve "lonxana" a posibilidade de alcanzar un acordo co PSOE sobre os orzamentos do Concello para 2025 (o acordo está condicionado a que previamente se cumpran os pactos anteriores: o da investidura e o dos orzamentos actualmente vixentes).

Sobre a postura da bancada conservadora perante os impostos municipais, o portavoz nacionalista pronunciouse nestes termos: “Sorpréndeme a actitude do PP. No Pleno da semana pasada, e de forma bastante forzada, tentou apuntarse o tanto, intentando facer ver que a conxelación das taxas se facía en virtude dunha proposta súa. Mais non debeu ficar contento de como o asunto foi percibido pola veciñanza, polo que agora defende unha rebaixa das taxas”, di o portavoz nacionalista.

Cumpre lembrar que no Pleno de novembro, realizado o pasado xoves 7N, o portavoz do Goberno Local anunciou a conxelación das taxas e impostos municipais. O anuncio é produto de conversas previas no transcurso das cales o BNG advertiulle ao Executivo coruñés que en ningún caso apoiaría a suba dos graves, após a actualización feita en 2024.

Que o PP defenda unha rebaixa das taxas no Concello é cando menos contraditorio co feito de que neste momento se estean a tramitar no Parlamento galego os orzamentos da Xunta para 2025, “unhas contas que prevén un incremento da recadación fiscal do 14%”.

Propón o PP rebaixar as taxas no Concello, pero ao mesmo tempo, critica Jorquera, “propón un aumento de gastos en materias que claramente son competencias da Xunta e que o PP pretende endosarlle ao Concello”.

Avanza Jorquera que o BNG non vai avalar a “demagoxia fiscal” practicada polo PP. “En ningún caso van ter o noso apoio. O BNG non fai demagoxia cos impostos. Cremos no público. Os impostos son necesarios para reforzar os servizos públicos e para fortalecer as políticas sociais”, acrecentou.

No Pleno de novembro, realizado o pasado xoves 7N, o portavoz do Goberno Local anunciou a conxelación das taxas e impostos municipais. Fíxoo após o BNG terlle advertido que en ningún caso apoiaría a súa suba.

"O PP propón rebaixar as taxas, pero prevé aumentar 14% a recadación da Xunta e que o Concello aumente os gastos en competencias autonómicas"