Lage non dá ningunha garantía de que o Estado vaia asumir a rehabilitación do antigo cárcere
“Si que se poden explicar os pormenores”, concedeu o portavoz do Goberno Local, José Manuel Lage, quen lle preguntou ao BNG “se pode contribuír a resolver un problema”. “Imos ter que falar”, acrecentou.
Contribuír a resolver o problema sería que o BNG votase a favor de o Concello pagar 2,3 millóns de euros para o cárcere, construído no seu día sobre un soar municipal, volver ao patrimonio municipal. O Bloque xa ten dito que en ningún caso vai apoiar un desembolso por parte do Concello para lograr unha devolución que debería ser de balde e coa garantía absoluta de que o inmóbel sexa restituído ao Concello debidamente restaurado pola Administración, a estatal, responsábel do seu estado de abandono actual.
“Antes de asinar o pagamento de 2,3 millóns de euros procedentes das arcas do Concello, ten que ficar ben claro que a rehabilitación corre a custa do Estado”, resolveu Veira.