O BLOQUE, O ÚNICO GRUPO MUNICIPAL QUE PIDE A RETIRADA DOS PLANS DO ESTADO PARA A EÓLICA MARIÑA

O Pleno aproba por unanimidade a moción do BNG para investigar as responsabilidades das concesionarias no caso STL

Escanos
O Pleno de abril aprobou por unanimidade a moción do BNG –defendida polo seu portavoz, Francisco Jorquera- para que o Goberno Local promova unha investigación arredor do caso STL con dous propósitos básicos: saber se as concesionarias dos servizos de recollida de lixo e de limpeza delegaron nese grupo a política de persoal e para determinar se, nesta última contrata, a folga de xuño de 2022 foi pactada entre a empresa e o autodenominado como sindicato.

No limiar da súa intervención, Jorquera saudou a presenza na tribuna do público de traballadores das empresas. Foi o propio persoal das concesionarios o que no seu momento alertou o BNG sobre as gravísimas violacións de dereitos laborais que se estaban a producir nos servizos de limpeza e recollida de lixo, con mordidas a operarios por entraren a traballar na empresa e con acoso a aqueles que non se pregaban ás presións.

Esas gravísimas violacións de dereitos foron levadas polo BNG aos Plenos de abril e xullo de 2022. A reacción do Goberno Local –resaltou Jorquera- foi “tardía, contraditoria e vacilante”, a negar en primeira instancia a necesidade de abrir unha investigación interna para depurar hipotéticas responsabilidades, para despois, nunha clara rectificación, anunciar a súa disposición a comparecer no proceso xudicial aberto contra o STL.

As eventuais responsabilidades das concesionarias, postas sobre a mesa por parte dos propios traballadores acosados polo STL, teñen que ser esclarecidas e por iso o BNG demandaba nesta moción a apertura dunha investigación interna. Cómpre esclarecer se as empresas delegaban a política de persoal “a un grupo ou a un señor” e se a concesionaria da limpeza pactou co STL unha folga non convocada legalmente en xuño de 2022 que causou graves prexuízos económicos ao Concello.

Se se probaren estes feitos, remarcou Jorquera, o Goberno Local –alén das consecuencias penais que se diriman nos tribunais- debe exercer con contundencia a potestade sancionadora, incluída a rescisión dos contratos de concesión.

A isto foi o que lle deu o SI o Pleno cos votos de todos os grupos da Corporación.

En troca, as outras das mocións do BNG neste Pleno foron rexeitadas. A que propuña dar o apoio do Concello ao movemento RegularizaciónYa, que impulsa unha ILP para favorecer o medio millón de persoas migrantes que se achan en situación administración irregular no Estado. Foi defendida por Avia Veira e contou co apoio da Marea Atlantica. O PSOE optou pola abstención, mentres que o PP votou en contra.

Tamén foi rexeitada a iniciativa por medio da cal o portavoz do BNG no Concello defendeu a retirada dos Plans de Ordenación do Espazo Mariño, os plans do Estado para a eólica mariña.

Argumentou Jorquera que a escolla é clara: ou a pesca galega -31 mil empregos directos, 120 mil inducidos, 2% do PIB galego (4,8% se atendemos a todo o sector do mar)- ou a entrega dos nosos mares ás grandes eléctricas.

Previsibelmente PP e PSOE uniron os seus votos para rexeitar esta moción, que tampouco o seu apoio nin na Marea Atlántica nin en Podemos, que optaron pola abstención.

O Pleno aproba por unanimidade a moción do BNG para investigar as responsabilidades das concesionarias no caso STL