Un Goberno Local do BNG presentará os orzamentos en tempo e forma para entraren en vigor cada 1 de xaneiro

Avia Veira en Ascega
Un Goberno Local liderado polo BNG a partir do próximo 28 de maio presentará o proxecto de orzamentos “en tempo e forma” para entraren en vigor o 1 de xaneiro de cada ano, comprometeu a numero 2 da candidatura do Bloque Avia Veira durante un debate organizado esta mañá pola Asociación de Emprendedores de Galiza (Ascega).
Un Goberno Local do BNG presentará os orzamentos en tempo e forma para entraren en vigor cada 1 de xaneiro

“Que os orzamentos non se presenten en tempo e forma dificulta logo enormemente a execución dos investimentos contemplados neles. Non é o mesmo que entren en vigor a 1 de xaneiro a que o fagan en marzo ou abril porque neste último caso só dispós de 8 ou 9 meses para executalos”, explica Veira.

E que fai falta para que os orzamentos si entren en vigor a 1 de xaneiro? Pois fundamentalmente dúas cousas, sinalou Veira. Vontade política e disposición ao diálogo. Dúas cousas das que careceu o Goberno Local durante este mandato. “Por iso só deu aprobado dous orzamentos en 4 anos, o de 2020 e o de 2022. Por iso neste 2023 estamos con orzamentos prorrogados, o que obviamente implica a non execución de moitos investimentos precisos para a cidade”, alegou.

Avia Veira en Ascega 2

“Cando desde o BNG falamos de que a Concello lle falta impulso, falamos precisamente disto. Desde logo un goberno local liderado polo BNG nunca aprobaría os orzamentos en marzo e desde logo nunca deixaría as entidades sen convenios durante varios meses dun exercicio como está a acontecer neste 2023”, denuncia Veira.

 

Un Goberno Local do BNG presentará os orzamentos en tempo e forma para entraren en vigor cada 1 de xaneiro