"Non concebimos o futuro do porto sen unha potente actividade pesqueira"
23/feb./2023
Ante os novos recortes ditados pola UE contra a frota de arrastre galega -que afectaría 24 barcos do porto da Coruña-, o Goberno galego debe asumir un papel de liderado, unir o sector e impulsar unha "resposta de país" "en defensa da pesca", considera o portavoz do BNG no Concello e candidato nacionalista á Alcaldía, Francisco Jorquera.