Novas
Dragaxe da Ría do Burgo

O BNG leva as alegacións da Confraría de Pescadores sobre a dragaxe da Ría aos plenos da Coruña, Oleiros, Cambre e Culleredo

O Bloque Nacionalista Galego fai súas as alegacións da Agrupación de Marisqueo a Pé da Confraría de Pescadores da Coruña e a Plataforma en Defensa da Ría perante o Plano de Dragaxe e Rexeneración da Ría do Burgo –formuladas xa tempo atrás e contidas nun escrito entregado por estas entidades o pasado venres á Delegación do Goberno- e vainas trasladar en forma de Declaración Institucional aos plenos que este xoves van ter lugar nos concellos de Oleiros, Cambre e Culleredo e a do próximo 1 de outubro no da Coruña.
Ler novas
Vídeo
O Goberno Local debe reunirse xa coa veciñanza de Xuxán

O Goberno Local debe reunirse xa coa veciñanza de Xuxán

É xa moita hora de que o Goberno Local honre o seu compromiso e se reúna coa veciñanza de Elviña afectada polo Parque Ofimático, nunha Mesa de Traballo que procure ou ben a desafectación ou ben unha solución urbanística equiparábel que suscite o consenso veciñal. O BNG, conxuntamente coa Marea, demanda o concelleiro de Urbanismo que teña esa reunión o día 29 ou, se esa data a ten ocupada, que fixe outra, mais sempre antes de concluír este mes.
Ler novas
Vídeo
Moncho do Orzán, no tributo a Pedro Galán Calvete

Moncho do Orzán, no tributo a Pedro Galán Calvete

Eis un fragmento da fermosa alborada "Pinceladas de Galicia", da autoría de Benxamín Fernández Pazos, que Moncho do Orzán interpretou no Cemiteiro de Santo Amaro o sábado 19 de setembro durante o acto que honrou a memoria de Pedro Galán Calvete, o mozo do Partido Galeguista asasinado, en setembro de 1936, aos seus 19 anos, polo fascismo golpista.
Ler novas
Tributo Pedro Galán Calvete 2

O legado de Pedro Galán Calvete, memoria e futuro

Como vén sucedendo ininterrompidamente desde 2003, este sábado déronse cita no Cemiterio de Santo Amaro militantes e simpatizantes nacionalistas para renderen tributo á memoria de Pedro Galán Calvete, mozo galeguista de 19 anos asasinado polo fascismo golpista en setembro de 1936.
Ler novas
Acto de homenaxe a Pedro Galán Calvete 2019

Todo pronto para rendermos tributo a Pedro Galán Calvete

Pedro Galán Calvete tiña apenas 19 anos, era secretario de Organización das Mocidades Galeguistas na Coruña e o fascismo golpista arrebatoulle a vida o 16 de setembro de 1936. Crime cometido? Ser un activista a prol dos dereitos nacionais da Galiza, da mellora das condicións de vida das clases populares e da normalización da nosa lingua.
Ler novas