Novas
Vídeo
Xurxo Souto chámanos a salvar o Orzán

Xurxo Souto chámanos a salvar o Orzán

Músico, escritor e alma mariña, Xurxo Souto chámanos a unha causa xusta: a de recuperarmos "o derradeiro navío gransoleiro de remaches que nos queda". Unha causa xusta porque "A Coruña é unha cidade barco, tivo no mar a súa orixe e ten que ter no mar o seu futuro" #SalvemosOOrzán
Ler novas
FJ

"Se decide voltar ao pasado, o Goberno Local encontrará no BNG un firme opositor"

“Se o novo rumbo” que vai tomar o Goberno Local após a recente crise de goberno, saldada coa incorporación dunha concelleira proveniente de Ciudadanos, significa “a volta ás políticas do pasado” o executivo coruñés encontrará no BNG “un firme opositor”, advertiulle Francisco Jorquera ao portavoz do gabinete municipal, José Manuel Lage, durante a quenda de preguntas orais do pleno.
Ler novas
Jorquera e Avia Pleno 10 de setembro de 2020

Apoio do Pleno de setembro ás tres mocións do BNG

O Pleno do Concello aprobou este xoves as tres mocións sometidas polo BNG á consideración da Corporación: sobre o comezo do curso académico, a musealización do pesqueiro ‘O Orzán’ e a non incautación polo Estado dos remanentes en poder da facenda local.
Ler novas
Vídeo
Jorquera: #SalvemosOOrzán

Jorquera: #SalvemosOOrzán

É moito máis que un barco: é un supervivente, un símbolo, un emblema. Está amarrado na Dársena de Oza e, se non o remediarmos, vaise converter en chatarra. O que Francisco Jorquera propón é ben distinto: que se restaure e se converta nun museo do mar e da pesca #SalvemosOOrzán
Ler novas
Linkedin

Linkedin ten que respectar o topónimo da cidade

O BNG tivo coñecemento de que recentemente usuarios da rede social Linkedin foron informados por esta empresa de que a súa ubicación on line pasaría de ser "A Coruña y alrededores" a "La Coruña y alrededores", mudanza que se produciría "automaticamente" a partir do 12 de outubro.

Ler novas