Urbanismo accede á petición do BNG e Marea e convoca a Mesa de Traballo coa veciñanza de Elviña o 29S
O BNG felicítase de que finalmente o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, atendese o requerimento que lle foi feito e dese xeito cumprise co compromiso que no seu día formalizou coa Corporación (nos plenos de xullo e setembro) e coa propia veciñanza.
“O obxectivo da Mesa de Traballo ten que ir orientado a dar cumprimento ao que conviñemos en xuño de 2019 BNG e PSdeG ao asinarmos o Acordo de Investidura: isto é, ou a desafectación das vivendas atinxidas polo Ofimático ou unha solución urbanística equiparábel que conte co consenso veciñal”, remarca Avia Veira, responsábel de Urbanismo do grupo municipal do BNG.
Na Mesa de Traballo terá presenza unha representación veciñal, o concelleiro delegado de Urbanismo e representantes dos distintos grupos municipais da Corporación.