Novas
Biblioteca Municipal de Os Rosais

Interpelamos o Goberno Local en relación á súa política sobre as bibliotecas municipais

No Acordo de Investidura asinado en xuño de 2019 o PSdeG comprometeuse co BNG a, no primeiro ano de mandato, darlle a mellor solución “legal e laboral posíbel” á situación das e dos traballadores das bibliotecas municipais tendo como horizonte a unificación da rede baixo a fórmula da xestión directa por parte do Concello (neste momento parte das bibliotecas prestan o seu servizo en réxime de concesión).
Ler novas
Vídeo
Non aos mamotretos na beiramar!!

Non aos mamotretos na beiramar!!

Este xoves 1 de outubro levaremos a voz dxs veciñxs de Labañou ao Pleno: non aos mamotretos na beiramar, si ás zonas verdes tan necesarias na nosa cidade! Anúnciao aquí Avia Veira.
Ler novas
Comparecencia diante da Casa Cornide do BNG e dos '9 da Casa Cornide'.

Diante da Casa Cornide: "que se nos devolva o roubado" e solidariedade coas activistas denunciadas polos Franco

O lema “Que nos devolvan o roubado” aínda está por se cumprir, por se tornar realidade, na cidade da Coruña. E é que inda está por se recuperar para o patrimonio público a Casa Cornide, unha xoia do barroco galego espoliada pola familia Franco nos anos 60 do pasado século coa colaboración necesaria das elites franquistas locais, desde os alcaldes Alfonso Molina e Sergio Peñamaría de Llano até o oligarca Pedro Barrié de la Maza.
Ler novas
Vídeo
Novo ensanche no porto? Non queremos máis pelotazos!

Novo ensanche no porto? Non queremos máis pelotazos!

eica imos ter "un novo ensanche" nos terreos liberados do porto. Um, iso tráenos ecos de pelotazos urbanísticos pretéritos. Desde logo non é o que necesita A Coruña se quere virar unha cidade humanizada e sustentábel. @jorqueracaselas pídelle, por tanto, explicacións a @inesreygarcia
Ler novas