Novas
Almorzo informativo con Ana Pontón, Mercedes Queixas e Francisco Jorquera. 18 de setembro.

Ana Pontón avanza as prioridades do grupo parlamentar en relación á cidade para esta nova lexislatura

"Somos a segunda forza deste país e queremos agradecer o contributo de miles de coruñesas e coruñeses que nos votaron o 12 de xullo. Esta cidade vai ter, ademais, unha voz propia no Parlamento galego, a de Mercedes Queixas", resaltou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, durante o almorzo informativo que ofreceu aos medios locais para dar conta daqueles aspectos prioritarios en relación á cidade e á comarca en que o grupo parlamentar nacionalista vai centrar o seu traballo na nova lexislatura.
Ler novas
Vídeo
Jorquera visita Mesoiro Vello e Vío

Jorquera visita Mesoiro Vello e Vío

A Coruña tamén ten rural e debe ser dignificado. Ese é o compromiso do BNG, reafirmou Francisco Jorquera durante a súa visita a Mesoiro Vello e Vío. Alí comprobou que hai moitas tarefas por realizar para completar a humanización destes núcleos de poboación, a comezar polo saneamento do Río Mesoiro-Monelos. Jorquera fixo a visita da man do presidente da Asociación de Veciñxs A Xunqueira-Mesoiro Vello-Vío, Javier Hurtado.
Ler novas