Mercedes Queixas
Novas
Jorquera na Sesión Vermú nos Mallos

Unha sesión vermú moi especial para Mercedes Queixas e Francisco Jorquera

"É o barrio da miña vida. Aquí me criaron meus pais. Aquí decidín fixar a miña residencia", dixo Mercedes Queixas ao presentar a quinta sesión vermú do BNG. "Sinto este barrio como meu. Aquí pasei a miña nenez. Aquí pasei a miña mocidade. Aquí residiu miña nai até o seu falecimento", apuntou Jorquera. Houbo emoción, boa música -Leria nunca falla-, houbo propostas políticas e, sobre todo, houbo tempo para, caña e vermú mediantes, o convivio e a confraternización.
Ler novas
Novas
Encontro do BNG co Tecido Cultural

A cidade terá a partir do 28M un Goberno Local aliado da cultura

“Esta é unha cidade que respira cultura por todos os seus poros, mais non ten un Goberno Local á altura desa creatividade. Iso vai mudar porque a partir do 28 de maio a cidade terá un Goberno Local aliado da cultura”, afirmou Avia Veira,número dous da candidatura do BNG, durante o encontro que a formación nacionalista realizou cunha moi nutrida representación do tecido cultural da Coruña.
Ler novas
Novas
Mercedes Queixas a reclamar a declaración BIC para os murais de Urbano Lugrís

Como advertimos hai meses, os murais de Lugrís corren serio risco e non hai tempo que perder

Agora que acaba de transcender que, de acordo co informe encargado polo Concello, os murais de Urbano Lugrís se achan en estado “crítico”, é ben lembrar que xa o 23 de marzo o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, instaba o Goberno Local a que tomase a iniciativa e restaurase a obra do xenial artista coruñés sen agardar polos propietarios do inmóbel (números 25-27 da Rúa Olmos) no que se acha.
Ler novas
Novas
Presentación Forza Coruña BNG

Forza Coruña, o lema da nosa campaña

Forza Coruña vai ser o lema co que concorra o BNG na campaña das eleccións municipais, anunciouno esta mañá nunha comparecencia ante os medios o candidato do Bloque á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera.
Ler novas
Novas
Francisco Jorquera con María Vázquez e Álvaro Gago na estrea de Matria

Jorquera, sobre "Matria": "Emociona e fai pensar"

"Crúa e tenra. Emociona e fai pensar. Grande guión, grande dirección e fabulosa interpretación. Parabéns", escribiu o portavoz do BNG no Concello e candidato á Alcaldía, Francisco Jorquera, na súa conta twitter após asistir á estrea de "Matria", a ópera prima de Álvaro Gago.
Ler novas