Mercedes Queixas
Novas
Mercedes Queixas. 8 de Marzo de 2025

Após o BNG o demandar, o Goberno Local diríxese á promotora para que se cancele o concerto de Diego El Cigala

Após o BNG o demandar -por medio dun rogo oral rexistrado por Mercedes Queixas- o Goberno Local dirixiuse á promotora do festival Son do Nordés para que se cancele o concerto de Diego El Cigala, programado para o día 20 de xullo no Parque de Santa Margarida. Sobre o artista pesa unha condena de dous anos e un mes por violencia exercida contra a súa parella.
Ler novas
Novas
Captura de pantalla 2025-07-03 130055

Queixas leva ao Pleno os colapsos circulatorios na Rolda de Outeiro

A concelleira do BNG Mercedes Queixas vai dar lectura dun rogo oral, no Pleno do vindeiro venres 11X, para que o Goberno Local tome medidas que palíen os colapsos de circulación diarios que se están a producir na Rolda de Outeiro e que teñen como orixe a falta de planificación por parte do Goberno de Inés Rey ao dispor a execución simultánea de obras viarias en vías vertebradoras da urbe e con grande densidade de tránsito.
Ler novas
Novas
Consello Municipal de Cultura. Mercedes Queixas.

A alcaldesa leva máis dun ano sen convocar o Consello Municipal de Cultura

A 22 de maio de 2024 o Consello Municipal de Cultura (CMC) realizou a súa última reunión, para elixir a vicepresidencia e os membros da súa comisión permanente. Desde aquela, nada, a pesar de o BNG terlle dirixido unha batería de preguntas por escrito ao Goberno Local para lle demandar explicacións sobre a súa inacción ao respecto: é a alcaldesa a presidenta do órgano e é quen ten que convocar as súas reunións.
Ler novas
Vídeo
O Pleno aproba unha moción do BNG sobre as necesidades do barrio da Silva

O Pleno aproba unha moción do BNG sobre as necesidades do barrio da Silva

A moción, que obtivo o apoio de toda a Corporación, defendeuna a concelleira Mercedes Queixas no curso do Pleno que se realizou o 8 de maio.

O obxectivo, que o Goberno Local dese cumprimento a unha outra iniciativa do BNG tamén aprobada polo Pleno, en xaneiro de 2021 en que se recollían demandas da veciñanza.

“Catro anos de incumprimentos coas veciñas e veciños da Silva e de Cances”, criticou Queixas.

En síntese, o que demanda o BNG é que se executen as actuacións aprobadas nos orzamentos participativos de 2017, 2018 e 2019, ben como tamén adoptar medidas que doten a entrada da Silva dunha maior seguridade para o tránsito das persoas (elevar os dous pasos de peón da rúa Jaime Hervada, instalar semáforos...).

Igualmente, a moción insta o Goberno Local a facilitar a accesibilidade dos vehículos de emerxencia e de recollida do lixo e a instalar un parque infantil e unhas máquinas biosaudábeis no patio traseiro do Centro Cívico da Silva, ao tempo que se estende a rede público de saneamento, se garante a dotación de fibra de internet, se mellora a limpeza e se retira a herba da Pampa na contorna da Rolda do Real Club Deportivo.

Ler novas