Novas
Avia e Jorquera Pleno Abril

Luz verde do Pleno de abril ás tres mocións do BNG

O Pleno de Abril do Concello da Coruña aprobou as tres mocións formuladas polo Bloque Nacionalista Galego, a relativa ao Barrio das Flores por unanimidade e as referidas aos abusos bancarios e a modernización dos camiños de ferro A Coruña-Ferrol por maioría, con abstención do PP e, no último caso, tamén da concelleira non adscrita.
Ler novas
Jorquera

"Pór sobre a mesa a venda de activos do porto é darlle ao Estado o pretexto para non condonar a débeda"

Un emprazamento a Feixoo para que "actúe como presidente do Goberno galego e non como promotor inmobiliario". Outro a Inés Rey par que "sexa firme á hora de esixir a condonación da débeda e o acceso ferroviario ao porto exterior". Nestes termos pronunciouse o noso portavoz en María Pita, Francisco Jorquera, durante a conferencia de prensa que partillou con Néstor Rego e Avia Veira.
Ler novas
Iván Rivas, Néstor Rego, Francisco Jorquera e Alicia Sánchez.

Jorquera sitúa a modernización da liña ferroviaria entre Ferrol e A Coruña como clave para o Golfo Ártabro

O noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera, estivo esta mañá na estación de ferrocarril de Betanzos-Infesta para, na compaña de Alicia Sánchez (voceira en Betanzos) e Iván Rivas (portavoz en Ferrol) arroupar o noso deputado no Congreso, Néstor Rego, quen lle presentou aos medios unha iniciativa para o Estado construír de vez un bypass en Betanzos que reduza en por volta de 20 minutos a viaxe entre A Coruña e Ferrol.
Ler novas
<i>Francisco Jorquera</i>

"O encontro de Avilés chega tarde. A alcaldesa tense que reunir coa ministra e co titular de Industria da Xunta"

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, avalía nestes termos a visita feita onte pola alcaldesa da Coruña á súa homóloga de Avilés: “Parécenos ben que respondendo a unha demanda dos traballadores se faga unha fronte común, mais este movemento chega tarde e é insuficiente”. O voceiro nacionalista insta Inés Rey a que se reúna canto antes coa ministra Reyes Maroto e o titular das competencias de Industria da Xunta, Francisco Conde”.

 

Ler novas
Avia Veira, en rolda de prensa. 13 de novembro de 2020.

Levamos ao Pleno de abril a necesidade de reforzar os servizos sociais do Concello perante a pandemia

“Cal é a previsión do Goberno Local para o reforzo dos Servizos Sociais Municipais, así como das axudas e mecanismos de inclusión social municipais, de cara a afrontar as consecuencias da crise provocada pola Covid-19 neste ano e nos vindeiros?”, así reza o texto da pregunta oral que a concelleira do BNG, Avia Veira, vai dirixir ao executivo coruñés no Pleno do vindeiro 8 de abril.
Ler novas
Vídeo
Que pasa co porto da Coruña?

Que pasa co porto da Coruña?

Que pasa co porto da Coruña? Pois que, como mostramos neste vídeo, o Goberno do Estado está a discriminar gravemene a nosa cidade. Si condona a débeda da dársena valenciá, non o débito da nosa. Faino, ademais, perante a compracencia dun presidente da Xunta que nas últimas datas lonxe de denunciar esta aldraxe acaba de volver propor que o retorno ao convenio da vergoña de 2004 en virtude do cal se abría a billa para a venda, a privatización, de espazos portuarios. A billa para un novo pelotazo urbanístico.
Ler novas