INICIATIVA DE AVIA VEIRA

Neste Pleno preguntarémoslle ao Goberno Local sobre as tarefas pendentes en materia de mobilidade

BNG A CORUÑA
O Goberno Local acumula retrasos no cumprimento dos acordos co BNG en materia de mobilidade e iso leva a concelleira Avia Veira a formularlle unha pregunta oral no Pleno do vindeiro xoves.

“Cal é a política que ten pensado levar a cabo o Goberno Local para priorizar os transportes alternativos ao vehículo privado na cidade?”, reza a pregunta que fará no Pleno a edil nacionalista.

“Hai unha chea de tarefas por facer que o Goberno Local ten aparcadas”, remarca. “Está pendente de execución ese anunciado carril bus e estamos tamén pendentes de coñecermos cales son os plans do Goberno Local no que atinxe os aparcamentos públicos e nese sentido vimos de saber que non hai de momento decidido que se vai facer con aqueles que teñen rematada a súa concesión”, pormenoriza Veira.

Canto aos compromisos contraídos polo grupo que dá sustento ao Goberno Local cando asinou co BNG o Acordo de Investidura, todo está por realizar. “Está pendente de se aplicar aquilo ao que o Goberno Local se comprometeu connosco para mellorar o transporte público na nosa cidade. Referímonos á ampliación dos horarios de servizo, á intensificación das frecuencias, ás reordenacións das liñas”, precisa.

A ese respecto, subliña Veira que a concesión da Compañía de Tranvías expira en 2024 e “o BNG quere saber se o Goberno Local ten pensado de vez estudar a xestión directa deste servizo por parte do Concello”, tal e como figuraba no Acordo de Investidura que viabilizou a chegada de Inés Rey á Alcaldía.

Neste Pleno preguntarémoslle ao Goberno Local sobre as tarefas pendentes en materia de mobilidade