O BNG lanza un vídeo cun pasapalabras feminista para celebrar o 8M

Eis un concurso ben especial #8M2021

O Bloque Nacionalista Galego da Coruña acaba de pór nas súas redes sociais un vídeo en que se recrea un pasapalabras feminista, un concurso co que se sumar ás celebracións polo 8M.

O BNG lanza un vídeo cun pasapalabras feminista para celebrar o 8M

No vídeo, entre outras mulleres, interveñen a deputada Mercedes Queixas e a concelleira Avia Veira.

As concursantes teñen que acertar definicións como "primeira organización que presentou unha candidata á presidencia da Xunta?", "individuo que pecha paritorios", "sinónimo de feminismo liberal" ou "obxecto co que as mulleres adoitan chocar na contorna laboral".

O BNG, que celebra así o Dia Internacional das Mulleres nas redes, quere celebralo tamén nas rúas e por iso chama a participar nas convocatorias do feminismo galego para este 8M, todas elas convocadas baixo estritas e escrupulosas medidas de seguranza dado o contexto de pandemia en que vivimos.

 

O BNG lanza un vídeo cun pasapalabras feminista para celebrar o 8M