A caravana da dignidade fronte á aldraxe da AP9
Centos de carros participaron este dominigo na Coruña na primeira das mobilizacións, unha caravana de automóbiles, que o BNG vai impulsar en todo o país en demanda de rebaixas nas abusivas portaxes da AP9. "AP9, galega e sen peaxes!!!", clamaron as persoas asistentes a esta acción reivindicativa.
"O Goberno de Madrid non ten escusas para non cumprir co compromiso alcanzado co BNG no Acordo de Investidura de Pedro Sánchez. Hai 54,9 millóns de euros orzamentados e só fai falta aplicalos", dixo Néstor Rego en declaracións aos medios.
"Falamos dunha infraestrutura longamente amortizada xa pola concesionaria. Unha concesión prorrogada primeiro por un goberno PSOE, despois por un goberno PP, que non vai caducar até 2048, o prazo máis longo de todas as autoestradas do Estado", esclareceu Jorquera.
"Unha rémora para a economía do País", engadiu o portavoz nacionalista en María Pita.
Sobre este asunto, e como xa temos informado, o BNG vai levar unha moción ao Pleno ordinario do Concello deste xoves.